ADEGA dará a coñecer este verán os valores naturais do Alto Ulla

Nas vindeiras semanas, ADEGA ten previsto realizar dúas actividades no marco do proxecto de custodia fluvial Proxecto Ríos, para dar a coñecer os valores naturais singulares da bacía alta do río Ulla. Este espazo, “actualmente ameazado polo proxecto da macrocelulosa de Altri e Greenalia, constitúe para o medio ambiente unha área singular definida por unha xeoloxía e uns solos cunhas propiedades moi particulares que permiten a vida dunha flora única no mundo”.

A través destas actividades, Proxecto Ríos tratará de sensibilizar e dar a coñecer á cidadanía sobre a “importancia da preservación desta biodiversidade ameazada, así como do coidado do propio río Ulla, o cal tamén se vería drasticamente afectado de chegarse a instalar a fábrica de celulosas no Alto Ulla”.

Identificación e sensibilización os valores singulares do Alto Ulla

A primeira actividade de Proxecto Ríos no Alto Ulla será un Bioblitz ou descuberta de biodiversidade, que terá lugar o domingo 21 de xullo en horario de mañá (10h – 14h).

Será unha actividade guiada por persoas expertas que consistirá en identificar todas as especies posibles nunha pequena área da contorna da lagoa de Santiso e as beiras do Ulla. Para participar, non se require experiencia previa. No decurso da actividade, localizaranse os endemismos ou especies botánicas singulares que caracterizan á zona, e procurarase atopar novos endemismos para sumar ao listado e pedir a protección que merece este lugar. Esta actividade encádrase dentro dos proxectos denominados de ciencia cidadá.

A segunda actividade será un roteiro interpretativo, que terá lugar o domingo 11 de agosto, tamén en horario de mañá de 10h- 14:30h. Percorrerase o espazo explicando as peculiaridades da zona e facendo paradas para recoñecemento da flora e fauna máis importante. O roteiro terá un percorrido de aproximadamente 8 quilómetros e terá unha dificultade baixa, sen moito desnivel.

Estas actividades están abertas a todo o público en xeral, mais as prazas son limitadas, polo que é imprescindible anotarse nos formularios:
Bioblitz: https://forms.gle/P5zspmBSkartLNzC9

Roteiro: https://forms.gle/HbA7z6iuj7r2jKT16

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com