O Museo Provincial de Lugo inaugura este xoves, 18 de xullo, unha exposición centrada na obra de AlbinoFernández. O acto, ás 19 horas, será a presentación desta mostra que estará presente no espazo cultural lucense ata o 15 de setembro.
A exposición, que percorre a vida artística de Albino Fernández, está producida polo Museo de Artes do Gravado Estampa Dixital de Ribeira e
conta coa colaboración do Consulado Xeral da Republica Arxentina en Vigo.
O proxecto está comisariado por Xoan Pastor Rodriguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catalogo desta mostra. A exposición conta ademais con vídeo producidopara a soa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira.
Fernández é un artista nacido na migración, en Cuba, e tras un paso por San Pedro de Viana, en Chantada, acompañou aos seus pais a Bos Aires, na Arxentina, onde colaborou coa diáspora galega en diferentes accións. A súa formación artística vai facerse nun contexto cultural marcado a grandes trazos por dúas tendencias plásticas, por doas maneiras de entender a acción artística desde a contemporaneidade: unha, a dunha modernidade avanzada, e a outra, a da vangarda abstracta.
O horario de visita será de martes a sábado de 10.00h. a 13.00h. E de 16.00h a 20.30h, os domingos o horario será de 10.00. a 15.00h.