Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “SIMPLE COMO SYLVAIN” e “TRES CORES: BRANCO”
“SIMPLE COMO SYLVAIN”, comedia romántica dotada dunha gran elegancia, delicada, sexy e divertida.
Sinopse: a cómoda vida de Sophia dá un envorco o día que coñece a Sylvain. Ela deixa todo para vivir esta paixón, dicíndose que tal vez sexa a derradeira. Mais son moi diferentes: Sophia provén dunha rica formación intelectual en Montreal mentres que a familia de Sylvain é de clase traballadora. Ela cuestiónase os seus propios valores e aspiracións despois de terse entregado aso seus impulsos románticos.
A outra estrea da semana será mañá vernes, coa película “TRES CORES: BRANCO”, a segunda da triloxía das cores Kieslowski. Branco está chea de escenas exquisitas.
Sinopse: Karol ama profundamente a Dominique pero ela abandónao porque el ten un problema de impotencia. Despois, unha serie de feitos desafortunados fan que decida volver á súa Polonia natal e intentar emprender unha nova vida. Pero segue pensando en Dominique ….