Ferido grave un home en Monforte logo de quedar atrapado debaixo dun montacargas

Un home quedou atrapado debaixo dun montacargas de tipo industrial, nunha vivenda particular situada na Rúa Eduardo Pondal, no concello de Monforte de Lemos.

O 112 Galicia respondeu a unha petición do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás dificultades para acceder ao ferido.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte co fin de liberar a un home, que caeu e quedou atrapado debaixo dun montacargas de tipo industrial.

En apenas unha hora- foi ás 11:30 cando o 112 Galicia recibiu o aviso-, a persoa estaba liberada e a disposición do equipo médico para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén participaron os axentes da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com