Un cartel do artista Santy Gutiérrez anunciará a XLVI Semana de Cine de Lugo

Un cartel de Santy Gutiérrez, anunciará a XLVI Semana de Cine de Lugo, por encargo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, entidade organizadora deste evento anual.

Santy Gutiérrez, vigués, que estudou en Santiago e reside en A Coruña, leva máis de trinta anos como creador gráfico de libros, carteis, humor, caricaturas, publicidade ou cómic.

Ten publicadas obras en Demo Editorial, Oed Publishing, Trifolium, Bruño e Edicións Xerais de Galicia, e acadados os premios Joven y Brillante de Humor Gráfico, Premio da Bienal de Caricatura de Ourense ou Premio Albaredo de Xornalismo.

O cartel da Semana de Cine comezará a ser distribuído nos próximos días na capital lucense, e a continuación en toda Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com