Un camión que transportaba leite envorcou na A-8 á altura de Lourenzá

Os particulares que alertaron ao 112 Galicia por este accidente, que ocorreu no quilómetro 536 da A-8 en sentido Oviedo, sinalaron que o vehículo interrompía a circulación.

Faltaban instantes para as 18:40 horas cando chamou o primeiro alertador e explicou que un camión que transportaba leite envorcara na A-8 á altura da saída cara Mondoñedo. Con todo, non podía precisar se o condutor do vehículo era quen de saír polo seu propio pé.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE-112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.

Unha vez no lugar, os bombeiros comprobaron que o camioneiro estaba liberado e accesible, polo que nin eles nin os efectivos do GES da Pontenova tiveron que intervir.

Nestes momentos, os servizos de emerxencias continúan traballando no lugar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com