Pasaban escasos minutos do mediodía cando un particular contactou co 112 Galicia: estaban a practicar submarinismo na zona da Ínsua da Area e acababan de subir a un dos mergulladores inconsciente. Rapidamente, foron os propios alertadores os que o subiron á súa embarcación e o trasladaron ao porto de Celeiro.
Alí, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa, e confirmaron o seu falecemento no punto.
Neste operativo participaron os servizos sanitarios, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e os membros do Servizo Municipal e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viveiro.
Imaxe: Pixabay