Morre un home tras caerlle unha árbore enriba na parroquia de Camoira

Un compañeiro avisou a través do 112 Galicia cando pasaban das nove desta mañá.

Segundo explicou o alertador, a vítima foi golpeada por unha árbore que se lle veu enriba. Tamén aclarou que estaban a realizar traballos de corta nunha zona de monte situada na parroquia de Camoira, concretamente no lugar de Maira, en Lugo.

Un accidente no eido laboral do que tamén recolleron información as forzas da orde a partir do momento no que recibiron a alerta do 112. De feito, acudiron patrullas da Policía Nacional e Local. Tamén os Bombeiros de Lugo, aínda que o falecido estaba liberado e accesible.

Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com