O BNG reclamáballe hoxe á Xunta de Galicia a apertura ao público dos aparcadoiros da facultade de Maxisterio e o dos institutos onde aparcan os profesores, así como o dos funcionarios no edificio multiusos e o Partido Popular respostalle por medio do voceiro na Deputación, Antonio Ameijide que “é unha pena que o BNG non demostre a mesma valentía para esixirlle aos seus socios na Deputación a apertura do aparcamento de Santa María“.
O popular engade que “dende o 2019 pasaron máis de catro anos, pasaron máis de dous dende que o BNG abriu o párking e o PSOE o volveu pechar un día despois e, incluso, pasou case ano e medio dende o anuncio dos responsables socialistas dos gobernos na Deputación e no Concello de que abriría en setembro do 2023”. E “case un ano despois segue pechado e dende o BNG permanecen calados”.
Así as cousas os cidadáns de Lugo seguen sen ter aparcadoiros onde estacionar os vehículos e polo que se ve esta cuestión vai continuar así.