Os feitos tiveron lugar pasadas as 11 desta mañá, cando unha persoa chamou ao 112 e explicou que unha muller caera por un terraplén en Pincelo, Nogueira de Miño, Chantada. Avanzaba que tiña unha importante lesión nun brazo, e que serían necesarios medios para subir a ferida desde o fondo do terraplén ata a ambulancia.
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos efectivos do parque comarcal de Chantada, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local.
Pola súa parte, os bombeiros lograron o rescate da ferida que presentaba un brazo roto, rabuñadas na faciana e a luxación dun dedo e foi evacuada que ao Hospital de Monforte por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.