Continúa aberto o prazo para inscribirse no primeiro trimestre do “Aprende Xogando”

A área de Muller e Igualdade do Goberno local informou hoxe de que aínda é posible inscribirse no primeiro trimestre do “Aprende Xogando”, destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos e empadroados en Lugo.  A inscrición neste programa, para os meses de outubro, novembro e decembro, aínda estará aberta ata o venres.

Este programa de conciliación desenvolvese en tres locais municipais, nos centros de convivencia de Maruja e do Uxío Novoneyra, ademais de no local municipal situado na nave de Vías e Obras do parque da Milagrosa.

Co obxectivo de favorecer ao máximo a conciliación laboral e familiar, o horario deste programa será das 16.00 ás 20.30 horas, durante o período lectivo, mentres que nas vacacións escolares, tamén disporá de horario de mañá, desde as 9.00 ás 14.00 horas.  As solicitudes pódense realizar no enlace:  https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando  e efectuaranse a través do correo electrónico aprendexogando@lugo.gal. Coa solicitude, as  persoas interesadas deberan axuntar a documentación indicada nas bases.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com