Comezan as obras de ampliación do parque empresarial de As Gándaras

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o inicio das obras de ampliación do parque
empresarial de As Gándaras. Unha actuación que vai desenvolver o Goberno galego para atender a importante demanda de solo industrial que existe nesta zona por parte do tecido empresarial galego.

O polígono industrial de As Gándaras abrangue un total de 2.135.512 m² e será executado en varias fases. Neste sentido, as fases I, II, e III xa están rematadas  e todas as parcelas están vendidas. Agora darán comezo as obras de tres novas fases: a IV, V e VIIa que permitirá incorporar 142.636 m 2 de solo industrial repartido en 38 parcelas.

Durante a visita, Margarita Ardao lembrou que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, ofrece desde agora ás empresas que se queiran implantar na Comunidade solo empresarial a custo cero durante os oito primeiros anos en réxime de dereito de superficie sen a esixencia de que se trate de proxectos singulares. En relación ao custo, a partir do noveno ano manteríanse as condicións actuais de maneira que o canon anual a aboar sería do 3,5% do prezo de venda da parcela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com