Os Codex Cinema estrean esta tarde de venres os filmes “RAÍÑAS” e LUZ DO 86”
“RAÍÑAS”, un drama conmovedor da directora Klaudia Reynicke que debuxa con asombro e realismo unha historia familiar que trata de afianzarse nun panorama político inestable
Sinopse: Perú, anos 90. A situación política do país é moi convulsa cos militares controlando as rúas. Dúas irmáns adolescentes están a punto de abandonar o país para sempre cando se reencontran inesperadamente cun pai ausente. Para saír de Perú a nai necesita a autorización del. O reencontro amplificará e aliviará á vez a súa dor polo cambio inminente.
A outra estrea da semana é “LUZ DO 86″, film filandés na que a súa directora Inari Niemi abraza a catástrofe de Chernobil a través da sombría e sucia fotografía da cidade
Sinopse: Primavera de 1986. Tras o accidente de Chernóbil, Mimi viaxa a un pequeno pobo do oeste de Finlandia onde a súa familia tenta empezar unha nova vida; a nena ten que adaptarse e sortear as reservas dalgunhas persoas do lugar. Pero coñece a Mariia, unha moza de quince anos a quen Mimi enche de Luz. Vinte anos despois, cando xa non sabe nada de Mimi, Maria volve ao seu pobo natal para coidar da súa nai enferma. Entón empeza a lembrar detalles daquel verán inesquecible. Pero o pasado destapa un presente doloroso.