Esta mañá tivo lugar a presentación da 46 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 23 e o 29 de setembro de 2022. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, así como Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galiza e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.
A carteleira, que inclúe 147 películas e poderase ver en cinco espazos da cidade, está organizada en varios ciclos: Infantil, O mellor do ano, Sección oficial, Cine Documental, Homenaxes, Cine español inédito, Cine galego, As curtas tamén son cine e Cine galego curtas. O ciclo Cine galego inclúe unha selección de nove títulos que se proxectarán na edificio da Xunta os días 24, 25, 26 e 27 de setembro: Os valores no camiño, As tres outras vidas de María S., Pico Sacro, Claustrofobia, Florencio, o cego dos Vilares, Pretérito imperfecto, Aurora, Menos a morte e O Courel: terra dura, terra brava.
O programa da Semana de Cine inclúe tamén homenaxes á actriz lucense Melania Cruz e a Ánxel Fole, entre outros, así como a proxección de películas en Aspnais e en centros penitenciarios dentro do ciclo especial Deixade que o cine…