O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que que o BNG-Asembleas Abertas presentará unha iniciativa para que se proceda ao arranxo dun burato do caneiro de Acea de Olga. Arroxo lembrou que “o BNG xa advertiu desta situación en agosto de 2013 tras o remata das obras de rehabilitación de Ponte Romana”. Arroxo criticou que “ata agora ningunha administración moveu ficha para solventar esta situación”.
“Estamos na época axeitada para que se acometan as obras, e de non facerse este ano o caneiro corre un serio perigo polo deterioro estrutural que sufre” dixo Rubén Arroxo. O voceiro do BNG – Asambleas Abertas explicou que a estrutura do caneiro está afectada e, no caso de fortes crecidas, podería sufrir danos máis importantes e irrecuperables.
Arroxo indicou que a rotura do caneiro provoca unha importante perda de auga que ten importantes consecuencias mediambientais. Ademais, a perda de auga dificuta enormemente que o río poida ser disfrutrado polos lucenses como lugar de ocio e tamén impide a práctica deportiva dalgúns deportes como o piragüísmo.
Rubén Arroxo incidiu na necesidade de tomar medidas, dende o propio concello, para evitar o deterioro do noso patrimonio xa que “os caneiros, ademais da función que cumpren, forman parte do noso patrimonio cultural”.