Ciudadanos Lugo presenta a súa lista para o Congreso dos Deputados

Entre os pasados días 12 e o 19 de xullo Ciudadanos celebrou o proceso de primarias para as próximas eleccións xerais. Aqueles candidatos que conseguiron o 10% dos avais, puideron concorrer como cabeza de lista. Isabel Cendán, Jesús Pérez, Óscar Regueiro, Óscar González y Raquel Jiménez conforman el equipo de Ciudadanos Lugo para as Xerais.

Coas primarias, que se celebraron de forma simultánea en todo o país, os afiliados do partido elixiron os primeiros candidatos de cada provincia, así como os que van ocupar os postos do dous ao cinco. As votacións estiveron abertas entre o venres ás 20:00 e o sábado á mesma hora,e os resultados fixéronse públicos durante a mañá do domingo.

Isabel Cendán declarou que “temos por diante o desafío de devolver aos cidadáns españois a confianza na política e nas institucións, ogallá chegue un día no que os lucenses se comprazan dos seus representantes”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com