Balseiro esixe a chegada do AVE a Lugo

O senador do PP por Lugo, José Manuel Balseiro, esixe “a construción das variantes ferroviarias necesarias para que o AVE chegue a Lugo” e denuncia a “evidente discriminación que sofre a provincia galega en materia ferroviaria”.

Así o reclamou hoxe durante o debate dunha moción do PP na Comisión de Transportes do Senado, que foi aprobada a pesar do voto en contra do PSOE.

José Manuel Balseiro resalta que Lugo “é a única provincia galega á que non chegan os trens AVE e é a única capital privada deste servizo ferroviario. Lugo non merece o trato inxusto, discriminatorio e cruel co que nos castiga o Goberno de Sánchez”, remarca. ·

Asegura que “a propia Renfe obriga a unha viaxe de 800 km para chegar a León, cando esta cidade está a menos de 200 km de Lugo e, por se isto non fose suficiente, moitas das liñas ofertadas pasaron de ser servizos directos a prestarse con transbordos, que adoitan ser máis caros”.

Reprocha ao PSOE que estea “conforme con esta situació” e reclama explicacións sobre os investimentos na provincia, insuficientes para que chegue o AVE a Lugo. “Non permitamos que o Goberno de Sánchez nos converta en cidadáns de segunda en cuestións ferroviarias”, conclúe José Manuel Balseiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com