Constituída a agrupación socialista da Pobra do Brollón co obxectivo de acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións

Os socialistas veñen constituír a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón, un paso importante que representa o compromiso coa veciñanza deste municipio.

Os membros da nova executiva da Agrupación Socialista da Pobra do Brollón ocuparán os seguintes cargos: Secretario Xeral: Adolfo Rubio Pascua, Secretario de Organización: Javier Quiroga Castro e Secretaria de Política Municipal: Tamara Rodríguez Pérez

Adolfo Rubio Pascual, recentemente elixido Secretario Xeral, manifestou a súa ilusión e determinación por liderar un proxecto que ten como principal obxectivo acadar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. “Queremos traballar man a man coa veciñanza da Pobra do Brollón para mellorar os servizos e a calidade de vida. Este é un obxectivo alcanzable e estamos convencidos de que, coa nosa entrega e esforzo, poderemos ofrecer un proxecto sólido e ilusionante para o noso concello”, afirmou Rubio Pascual.

A Agrupación Socialista da Pobra do Brollón arranca con forza e co obxectivo claro de conquistar a alcaldía, “unha meta que sería altamente beneficiosa para a veciñanza dada a boa sintonía entre o proxecto socialista local, o Goberno Central e a Deputación de Lugo”, afirma Rubio, o que pode traducirse en proxectos concretos e melloras importantes para o municipio, entre as que sobresae a aposta decidida da Deputación de Lugo coa construción dun novo Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón. Esta infraestrutura será clave para garantir o benestar dos nosos maiores, ofrecendo atención de calidade e servizos esenciais para as familias do concello.

Dende o PSdeG, amósanse convencidos de que o traballo conxunto e o diálogo coa veciñanza serán as claves para lograr os obxectivos marcados, e confían en que a nova Agrupación Socialista da Pobra do Brollón sexa un axente activo de cambio

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com