Os mellores magos do mundo reúnense en Lugo na gala internacional “Galicia Ilusiona”

Esta mañá presentouse unha nova edición da Gran Gala Internacional de Maxia Galicia Ilusiona que se desenvolverá o venres 18 de outubro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e que conta co apoio da Xunta de Galicia. Na presentación interviñeron tamén os directores da iniciativa, os magos Dani Polo e Pedro Bugarín.

A gala reunirá a algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo: Mago Murhpy (España) que exercerá de mestre de cerimonias do espectáculo, Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do Sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia) e o dúo Ramó and Alegría (España). Haberá dous pases, ás 18.30 e ás 21.00 horas.

O Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou o traballo realizado polos organizadores do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona para “poñer a Lugo e a Galicia no foco do ilusionismo mundial durante o mes de outubro, brindándonos a oportunidade de ver sobre o mesmo escenario aos magos e magas máis premiados a nivel internacional”. Lembrou ademais o éxito acadado nas dúas anteriores edicións do certame, nas que 70.000 espectadores desfrutaron da programación despregada en toda a comunidade.

As entradas para acudir á Gran Gala Internacional de Maxia poden adquirirse a través da web oficial do evento (https://galiciailusiona.es/).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com