O GMPP esixe explicacións ao goberno pola fuga dun neno dunha ocioteca municipal

A concelleira popular Mari Teijeiro reclamará na Comisión de Benestar Social que terá lugar este xoves que o goberno municipal  informen de se teñen previsto reforzar a seguridade ou implantar novos mecanismos de control “para garantir a seguridade dos menores e a tranquilidade das familias”, en referencia ao neno que se fugou dunha ocioteca municipal Maruja Mallo a comezos deste mes, sen que ninguén percatara nelo.

Teijeiro instará aos socialistas a aclarar canto tempo estivo fóra do control dos monitores da ocioteca o neno, canto tardou o Concello en informar aos pais da súa ausencia, e se existen protocolos de actuación para sucesos deste tipo ou accidentes de menores.

Asemade, a popular interesarase por “coñecer a ratio de atención de nenos por monitor, a formación dos técnicos ao coidado dos menores e por qué a concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, tardou tanto tempo en coñecer este suceso”. Os populares pedirán tamén nesta reunión que se habiliten prazas para persoas con discapacidade nas inmediacións da casa María Mariño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com