Os cines Codex estrean esta tarde o filme “ANORA” Palma de Ouro en Cannes

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os films “ANORA” “GÓNDOLA” e un pase especial o venres ás 20:30h do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO”.

“ANORA”, gañadora da Palma de Ouro Mellor Película no Festival de Cannes 2024, é unha película arriscada e valente cun resultado que roza o entusiasmo, divertida pero ao mesmo tempo moi triste, e cunha extraordinaria Mikey Madison no seu papel protagonista.

Sinopse: Anora, unha moza prostituta de Brooklyn, coñece e impulsivamente casa co fillo dun oligarca ruso. Cando chega a noticia a Rusia, os pais do mozo deciden viaxar a Nova York para intentar conseguir a anulación do matrimonio.

“GÓNDOLA”, unha película burlesca de gran inventiva, chea de encanto e de amor. O filme consegue o Premio a Mellor Longametraxe do IX Festival de Cine LGTBI do Centro Niemeyer. Unha película coñecida polo seu peculiar estilo sen diálogos, retrata a historia de amor de dúas mulleres que traballan nun teleférico nas montañas de Georgia

Sinopse: Un teleférico conecta dous pobos nunha zona turística nas montañas de Georgia. Iva empeza a traballar no teleférico como asistente; o teleférico ten dúas góndolas, cando unha sube a outra baixa, encontrándose a medio camiño. A encargada da outra góndola é Nino. Iva e Nino vense cada media hora, cando se cruzan as góndolas de ida e volta. Esta é a única interacción entre elas, o punto de encontro no aire, pero pouco a pouco vai nacendo un vínculo entre as dúas e unha noite atópanse fóra do horario.

Asemande hoxe venres 15 de novembro ás 20:30h os cines Codex proxectan un pase especial do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO” que recibiu o Premio Mestre Mateo 2024 a Mellor Documental. Bruno, o seu director, estrease no cine cun documental onde explora a pegada que a súa tía, Xela Arias, deixou nel e que acaba conformando unha intensa e emotiva reflexión sobre a memoria.

Sinopse: Bruno leva moito tempo cunha espina cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com