Dende a CIG denuncian hoxe que os sindicatos UGT e CCOO “volveron dar mostras do seu plegamento ás direccións das súas organizacións en Madrid ó refrendar na negociación do Convenio en Lugo, o acordo acadado entre as cúpulas destes sindicatos coa Patronal polo cal deixan ós traballadores do sector da Construcción do Estado sen subida salarial no ano 2014 (estaba pendente de asinar) e pactan una mísera subida do 0,6% para o ano 2015 (incluso por debaixo do Acordo global para a negociación colectiva, que falaba do 1%)”, sinalaron.
Dende a CIG valoran coma moi negativo este novo acordo “que supón una media de tan só 7€ mensuais de incremento sobre as táboas salariais do ano 2013 e que ademáis imposibilita a negociación de ningunha contraprestación en outros ámbitos coma baixas, licenzas, ou prezo das horas extras”.
“Despois de anos duros, nos que a clase traballadora estivo a padecer as consecuencias desta crise, de sufrir miles de despedimentos, impagos, de soportar pagos con retrasos de até tres ou catro meses e despois de ter escoitado centos de veces que tiñamos que arrimar o hombro, entendemos que unha mísera subida que na práctica é unha conxelación salarial, supón seguir a cargar sobre as costas dos traballadores os efectos desta crise” concluíron dende a CIG.