Os vindeiros 28 e 29 de novembro están convocadas dúas xornadas de Folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada para reivindicar o acceso a xubilación anticipada dos condutores e condutoras.
Segundo sinalan dende CCOO, a folga segue convocada a pesar de que se anunciou un acordo con algunha central sindical que o da por bo, e desmarcase da Folga.
Ese suposto acordo non lle vale a CCOO, “porque son condicións manifestamente peores que as que se acadaron para o sector de mercancías, grúas e transporte sanitario. Para CCOO non existen condutores e condutoras de segunda, queremos as mesmascondicións de acceso para un sector que para outro, porque independentemente de que conduzas un camión ou un autocar, os riscos aumentan a partir dos 60 anos por igual. Por elo hai que pedir XA os coeficientesredutores”.
O asinado por outros sindicatos di “que os condutores e condutoras de autocares teñen que esperar a que se aprobe un Real Decreto que ninguén pode aseverar cando se acordará, mentres que en mercancías, sanitarios ou grúas o van solicitar XA, sen estar condicionados a acordos parlamentarios que ninguén pode asegurar que se produza”.
Polo tanto para CCOO, mais que nunca, a folga segue activa e segue sendo necesaria. CCOO realizará concentracións os días de folga nas principais estacións de autobuses de Galicia, en Lugo ás 12:00hs da mañá.