Conde asegura que o aeródromo de Rozas contará cun investimento total de 55 millóns en cinco anos

Esta tarde tivo lugar a presentación do proxecto de remodelación do aeródromo de Rozas, ao que acudiu o Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acompañado do subdirector de experimentación do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Bartolomé Marqués, Neves Seoane, física atmosférica, e a enxeñeira aeronáutica Ana Corrales, que deseñaron o proyecto. Estaba ademais, o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e o voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, entre outras autoridades.

O Conselleiro sinalou que o investimento para este proxecto alcanzará previsiblemente no ano 2020 os cincuenta e cinco millóns de euros, e que suporá “unha gran inxección económica para a provincia de Lugo”.

A visita comezou ca presentación do proxecto que o INTA plantexa para este aeródromo, e que conten dúas fases. A primeira ten que ver coas propias infraestruturas do espazo, como o valado, a urbanización, control de acceso, rehabilitación do edificio, torre de control, hangar ou radar secundario. O responsable do INTA sinalou que estará rematada a finais deste ano ou principios de 2016.

A segunda fase, o chamado Proxecto CIAR, contén o tocante a medios e servizos que ofrecerá o aeródromo, como por exemplo, laboratorios de telemedida, instrumentación e integración de cargas útiles ou transmisión en tempo real das probas que se realizarán.

Logo da explicación do proxecto, as autoridades saíron ao hangar e recibiron unha maxistral explicación sobre o funcionamento dun avión lixeiro de observación “Alo”, e que consta dun segmento de voo formado por tres vehículos aéreos equipados con sensores visibles e infravermellos, e dunha unidade de control móbil dende onde realízase a planificación da misión, o control do voo e máis o procesado das imaxes obtidas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com