A partir do 13 de decembro, será desenvolto o obradoiro dual de emprego ‘Salus Lugo‘, que formará a vinte lucenses nos ámbitos sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas en situación de dependencia integradas en institucións sociais, así como a intervención con persoas con diversidade funcional. A formación conta cunha subvención autonómica de 421.000 euros, dirixidos dende Dinamización Económica do Concello.
O obradoiro será desenvolto nas dependencias do CEI Nodus e será complementado con traballo efectivo nos centros da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais), Cogami Lugo e San Vicente de Paul. O alumnado, xa seleccionado, son persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e terá unha duración de nove meses. Os participantes serán remunerados co salario mínimo interprofesional.