A empresa ferroviaria Renfe vén de facer pública a última campaña de modificación nas liñas viarias dos servizos Avlo en traxectos de Galicia a Madrid. En total, suman 4.000 novas prazas ás 54.000 previamente existenes á oferta semanal total do corredor de alta velocidade dende o territorio galego e sustitúe dous Alvia por dous Avlo S106 na conexión entre A Coruña e a capital española.
Coas modificacións, dende a compañía prevén unha mellora nos tempos de viaxe chegando a acurtar en 18 minutos o traxecto que parte dende a cidade herculina e en 42 minutos o que ten destino na mesma. Dende o 15 de decembro adiante, a conexión entre Ferrol e Madrid sumará máis horarios de viaxe grazas aos novos trens e a liña entre Madrid e Vigo recuperará o seu horario previo ao inicio das obras na estación de Chamartín.