Premios Agader 2024.

Entidades de Sober, Ribadeo e O Courel reciben o premio AGADER 2024 de desenvolvemento rural

Esta semana tivo lugar o acto de entrega dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural promovidos dende a Consellería de Medio Rural, AGADER 2024. Nesta edición, foron premiados a Banda de Música Unión de Guláns, o Ecomuseo el país del abeyeiro, Agadea, Solpor Camper Park Experiencie, Moexmu, Outonía Sociedade Cooperativa Galega, Muiñeiras de Requiande e a Aldea Modelo de Meixide en A Veiga.

Na categoría adicada a Innovación Tecnolóxica foi recoñecida a empresa de Ribadeo Muiñeiras de Requiande, iniciativa que promoveu un proxecto de economía circular a partir da conversión dunha finca e cadra nunha conserveira de uso comunitario.

Dentro da categoría adicada a turismo e interese social, os recoñecementos caeron en terras soberinas e courelenses por SolPor CamperPark Experience, empresa adicada á xestión de aluguer de autocaravanas que recibiu o primeiro premio, e Outonal Sociedade Cooperativa Galega, unha iniciativa de autoemprego para loitar contra o despoboamento rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com