A Casiña da Ponte, en Castro de Rei. Fonte: Xunta de Galicia.

A Casiña da Ponte, en Castro de Rei, exemplo da dinamización do rural galego

Na primeira semana de decembro foi inaugurado o establecemento de restauración A Casiña da Ponte, situado no concello lucense de Castro de Rei. O proxecto gastronómico foi iniciado gazas á axuda do programa Leader, impulsado dende a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, co que asemade se impulsaron outros 1.494 proxectos para a dinamización da entorna rural galega.

A Casiña da Ponte está situada nun dos edificios máis históricos do municipio que, a través da xestión de Ángeles e Jorge, converteuse nun restaurante adicado á cociña tradicional galega nun marco natural que celebra e reivindica a beleza da entorna rural. No 1971 o lugar foi declarado conxunto histórico e paraxe pintoresca, ao contar cunha historia vencellada á presenza de membros da Xeración do 27 como Lorca ou Alberti.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com