Obra parte de ‘Liberarte’, de Roberto Castro. Fonte: O Vello Cárcere de Lugo.

O Vello Cárcere estrea nova exposición para “ver o que imaxinamos e imaxinar o que vemos”

Dende o 12 de decembro, o segundo andar adicado ao bloque de mulleres das instalacións de O Vello Cárcere de Lugo conta cunha nova exposición artística do creador de A Arzúa Roberto Castro. ‘Liberarte’ trátase dunha mostra plástica escollida entre a obra total da traxectoria do artista e fai perceptible a súa evolución dende o realismo á abstracción e da bidimensionalidade á textura. Técnicas como o collage son tamén recollidas.

A través de trazos desenfadados, que deixan pinturas alegres e amables, Castro oferta unha viaxe polo subconsciente de cada ollador. Busca espertar o instinto do incógnito e da imaxinación subxectiva coa creación de contextos desenfadados e visionarios. Como define o propio artista, permite “ver o que imaxinas e imaxinar o que ves”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com