Esta maña tivo lugar un Pleno Extraordinario no Concello de Lugo onde se aprobaron unha subida de impostos e taxas, coa oposición do Partido Popular e a Plataforma Non á Subida de Impostos.
Un dos impostos que sube este vindeiro ano 2025 é o IBI cunha subida do 10% e que tal e como indicou a rexedora, Paula Alvarellos, “temos unha ponencia da valoración catastral do ano 1998, polo que levamos moitísimos anos que hai que corrixir porque chega un momento que é imposible manter os servizos públicos con impostos que están conxelados fai moitos anos, polo que como todos os Concellos necesitamos aumentar os ingresos”.
Resposta do Partido Popular
O Partido Popular pola súa banda criticou esta subida de impostos e a súa portavoz, Elena Candia, recordou que “no ano 2021 o Concello tiña máis de 35 millóns de euros de remanente e en 2023 só lle quedaban cinco”, e todo este gasto sinalou Candia “gastouse en proxectos como o carril bici, obras de peatonalización innecesarias ou o edificio “Impulso Verde” que está sen uso”.