O deputado delegado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, José Pardo Lombao, adianta hoxe que a Xunta de Goberno do próximo venres aprobará unha proposta dirixida a ampliar os prazos de xustificación de axudas concedidas a concellos.
Pardo Lombao anuncia que se inclúe este asunto na orde do día “en resposta ás demandas das administracións locais, que se están a atopar con dificultades no prazo límite establecido para a tramitación dos expedientes”. En concreto, o órgano competente aprobará a prórroga de xustificación de varias obras.
O responsable da área de Cooperación e Asistencia aos Concellos explica que as administración locais “están a vivir un ano complexo derivado da celebración dos procesos electorais e, polo tanto, en moitas ocasións sófrense retrasos nas tramitacións os expedientes e na execución dos proxectos”.
Pardo Lambo matiza que a pretensión do novo goberno da Deputación Provincial é que “ningún municipio perda as súas axudas, motivada en incumprimento dos prazos establecidos”. O deputado quixo transmitirse a súa tranquilidade a todos os Concellos e engade que esta proposta aplicarase ante calquera tipo de subvención ou axuda”.
Dotra banda, a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, visitou esta mañá as instalacións da Sociedade Protectora de animais e plantas de Lugo, acompañada do presidente desta entidade, Francisco Javier García Calleja.
Como primeira medida o Goberno provincial concederá unha subvención excepcional, por importe de 10.000 euros, que servirán como apoio económico, sen descartar outras vías de colaboración.