O tramo entre Palas e Melide na A-54 abrirá a principios de 2025

O director xeral de Estradas do Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, anunciou esta maña que o tramo da A-54 entre Palas de Rei e Melide abrirá “nos primeiros días de 2025”.

Fernández Palomino explicou que “se están ultimando algúns trámites administrativos como unha auditoría de seguridade viaria para a posta en servizo a principios de 2025”.

Asemade o director xeral de Estradas do Estado, tamén confirmou que o luns 30 de decembro abrirá na A-6 o segundo viaduto do Castro que une Galicia con Castela e León e que sufrira un derrube en xuño de 2022 e que segundo destacou “foi un récord completala en dous anos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com