Os avogados do Secretario Xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron un escrito diante do xulgado de Pilar de Lara, no que reclaman a nulidade do proceso por vulneración de dereitos fundamentais do seu representado.
No escrito os avogados defensores critican que a xuíz abrirá unha causa, que segundo os letrados, non tiña competencia para iniciala e que a reactivara xusto cando ía ser nomeado senador. Asemade argumentan tamén que os feitos polos que se reabre a causa xa están prescritos, por ter pasados máis de dez anos.
Para rematar os avogados de Besteiro recriminan a xuíz que empregara o termo imputado, cando dende a última reforma do Código Penal, xa non se utiliza este termo, senón o de investigado.