Este venres os Codex Cinema estrean o filme “DESMONTANDO UN ELEFANTE”, dirixido por Aitor Echeverría e protagonizada por Emma Suárez e Natalia de Molina. Unha película que profundiza nas relacións persoais e a falta de comunicación a través do conflicto entre unha nai e unha filla.
Sinopse: Marga, unha arquitecta de éxito, regresa a casa despois dun internamento de dous meses nun centro de rehabilitación para afrontar un problema de adicción co cal a súa familia conviviu en silencio durante anos. Cando volve, intenta reconstruír a súa vida. A súa filla máis nova, Blanca, decátase de que a atención que lle dedica á nai afecta tanto ás súas relacións como ao seu soño de ser bailarina profesional. Un ano despois, o “elefante” no cuarto que representa o problema non resolto da adicción, segue sendo tan enorme como sempre, aínda que agora todos son conscientes da súa presenza.