Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “A SEMENTE DA FIGUEIRA SAGRADA” e “AS VIDAS DE SING SING”
“A SEMENTE DA FIGUERIA SAGRADA”, dirixido por Mohammad Rasoulof, é un thiller intenso e reflexivo, un grito de denuncia contra a opresión e a forma de dar visibilidade á nova xeración feminina.
Sinopse: Irán, outono de 2022. A vida universitaria en Teherán vese sacudida polas revoltas nas rúas e escolas ao berro de “Muller, vida e liberdade”. A medida que os disturbios aumentan, a responsabilidade profesional dun xuíz de instrución empeza a afectar á súa plácida vida familiar xunto a súa muller e as súas fillas.
A outra estrea da semana é “AS VIDAS DE SING SING”, un canto á liberdade e a amizade incondicional, nun drama carcelario nada convencional e coa interpretación maxistral de Colman Domingo no papel principal.
Sinopse: recluído no centro de máxima seguridade de Sing Sing por un delito que non cometeu, Divine G, sumido na desesperanza, atopa unha fonte de motivación e un propósito actuando nun taller de teatro xunto a outros homes encarcerados. A través das artes escénicas, Divine e os compañeiros van descubrindo a posibilidade de atopar algo de humanidade nese entorno tan deshumanizado no que viven, o poder da arte, …