Este luns día 20 de xaneiro, ás 19:00 h, inaugúrase no Mesón do Forno a exposición “REESCRITA”, do artista galego, Xavi Cremades Buxán, Mera (A Coruña).O pintor estará presente no acto inaugural “Nestas obras exploro a escritura auto xenerativa que deriva na expresión abstracta dun sentir, onde os grafos se resignifican diante dos meus ollos e dos alleos”. Declarou.
A práctica artística de Xavi Cremades Buxán que atopamos nesta exposición “xorde do uso do deseño como contención da psicose”. Durante os seus estudos de filosofía, Xavi “foi diagnosticado con esquizofrenia, o que cortou a súa formación universitaria, dende entón practica” unha catálise artística para o relaxamento do malestar psíquico”.
Só durante a inauguración, o artista ensinará os seus cadernos persoais que utiliza a diario como extensión propia de si mesmo. Acompañarao na presentación a ambientación sonora de “Willy the squid!