O Concello de Lugo informa de que, a partir deste mércores día 22 de xaneiro pola mañá, procederase a pechar a saída de coches do parking subterráneo de Santo Domingo con motivo do avance das obras de peonalización da praza.
Deste xeito, os vehículos usuarios das instalación terán que efectuar a entrada e saída pola rampla de entrada ata o venres, con motivo de que a empresa adxudicataria das obras poida executar a pavimentación na zona de diante da rampla de saída.