Antón Bao novo responsábel local do BNG de Lugo

O exconcelleiro do BNG e mestre xubilado, Antón Bao, foi escollido responsábel local do BNG de Lugo, completando o proceso de renovación dos organismos da fronte enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG. Bao encabeza a única candidatura presentada, na que figuran o portavoz do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, e concelleiras e concelleiros do BNG na localidade e militantes vencelladas a distintos sectores.

O consello local está formado por un total de 15 persoas, ás que se sumará a persoa escollida pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. Antón Bao pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal do BNG.

Candidatura ao Consello Local do BNG
1 Antón Bao Abelleira
2 Iria Buide
3 Xosé Luís Varela
4 Maite Ferreiro
5 Rubén Arroxo
6 Cristina López
7 Xosé Paz
8 Carme Salvadores
9 Lois Neto
10 Beatriz Cedrón
11 Vitor Otero
12 Paz Abraira
13 Alexandre Espiño
14 Beatriz Pérez
15 Luís Blanco

Suplentes:
Beatriz Jato
Daniel Cabana
Brenda González

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com