O BNG Asembleas Abertas defenderán no próximo pleno do concello de Lugo unha moción na que se propón que o concello de Lugo elabore un plan, para a mellora e mantemento de todo o tramo do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Lugo. Ademais, Rubén Arroxo, explicou que tamén é necesario que se estude a posibilidade de levar adiante peonalizacións nalgúns dos tramos do Camiño Primitivo polos que circula o tráfico rodado, como poida ser o caso da Calzada da Ponte.
Arroxo lembrou que o Camiño Primitivo, recentemente declarado Patrimonio da Humanidade, “dalle a Lugo un potencial turístico e por tanto económico que non podemos obviar e engadiu que o estado actual desta ruta ao seu paso polo casco urbano do Concello de Lugo é amplamente mellorable, co fin de darlle o valor minimamente esixible a este ben patrimonial. A presenza da maleza que nalgunhas épocas chega prácticamente a cubrir o camiño no tramo que vai polo barrio do Carme, as pintadas nas paredes, a vexetación expontanea nas beirarúas, amosan unha clara sensación de abandono”.
O BNG Asambleas Abertas súmase á reclamación de moitos veciños e veciñas que reivindican dende fai tempo que se lle dea unha solución ao tráfico rodado na Calzada da Ponte. Arroxo sinalou que o concello xa aprobou no pleno de outubro pasado ano unha iniciativa para o adecentamento desta parte do camiño primitivo e para que se regulara o tráfico desta vía. Para o voceiro naciónalista cómpre tamén ter en conta que é a vía de conexión entre os dous elementos máis significativos da nosa cidade, a Muralla e o río Miño, e tamén o principal acceso desde a cidade á restaurada Ponte Romana
En relación á Calza Romana, Arroxo, sinalou que ”a día de hoxe obsérvase saturada de vehículos mal aparcados que dificultan o paso de peóns e peregrinos, a maiores da circulación de vehículos como acceso á N-VI dende a Volta da Viña”, concluíu.