Este venres no stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo (Fitur), presentouse a nova campaña de turismo da Provincia de Lugo “Mergúllate na maxia das súas augas”. A campaña ten como obxectivo promocionar o turismo azul, ao mesmo tempo que se enmarca no modelo de promoción do territorio. No acto de presentación do audiovisual, ao cal asistiron diversas autoridades, estivo moderado por Alberte Cabarcos e tamén participaron a guía turística da Mariña, Ana Pena, e o pescador da comarca da Ulloa, David Criado.
O que se promociona nesta edición da feira, son viaxes polos camiños da auga, pola diversidade das paisaxes que conforma o líquido elemento, desde os Canóns do Sil á costa da Mariña. Os canóns coa navegación en catamarán, lagoas tan diversas como a de Lucenza ou os lagos de Lousada, todo elo sen perder de vista a costa mariñá, uns 100 quilómetros de fermosísimas praias e acantilados e abraiante paisaxe.