O Concello pecha de novo os parques ante a inminente chegada doutra borrasca este mércores

O Concello de Lugo informa de que a primeira hora desta tarde está previsto que se proceda de novo ao peche dos parques da cidade ante a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo nesta vindeira madrugada, por ventos de compoñente suroeste que poden deixar refachos de ata 70 quilómetros por hora e que afectarán o centro da provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Así mesmo, lémbrase que o Centro de Control de cunca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou ás 02:57 do día 27/01/25, que a estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH), N001 no río Miño en Lugo, rexistra uns niveis que superan o umbral de pre-alerta (nivel LARANXA) cunha evolución que fai previsible situacións significativas de crecida.

Por elo, informamos de que non se recomenda o tránsito peonil no tramo do Paseo do Miño entre o Balneario de Lugo e o Restaurante o Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións e que non se acheguen ata as zonas inundables próximas aos ríos, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recoméndase, igualmente, non visitar as zonas verdes municipais con arboredo ata que remita este novo temporal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com