Eolicos

“Eólica Así Non” convoca para o vindeiro domingo as mobilizacións polo Día Mundial da Enerxía Limpa 

“Eólica Así Non!” convoca para o vindeiro domingo as mobilizacións polo Día Mundial da Enerxía Limpa que se suspenderan por mor do tempora. A asociación, aposta por unha nova planificación eólica real que ordene a explotación desta enerxía no territorio, con obxectivos sociais e ambientais, que faga partícipe ao pobo galego e non se desenvolva en función dos intereses das grandes multinacionais enerxéticas.

“Eólica Así Non” fai un novo chamado á sociedade para “denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza. Un modelo que non ten en conta os intereses da poboación e ten como principal obxectivo beneficiar o capital”,

A Coordinadora denuncia, ademais, “a falta de respecto polas decisións xudiciais que demostra a Xunta de Galiza coa aprobación das últimas reformas legais, que teñen como obxectivo dificultar que a poboación se poida defender, tanto no eido administrativo como xudicial, diante destes proxectos agresivos e depredadores do territorio, destinando recursos públicos para exercer violencia institucional contra as comunidades veciñais afectadas”. Os lugares da provincia onde estan convocadas mobilizacións serán:

Lugo. Concentración diante do concello de Lugo ás 12h. Saída en manifestación ata o Multiusos da Xunta.

Sarria. Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 12h

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com