Carta aberta da Asociación Si, hai saída a Mª. Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero de Lugo, desexamos facerlle chegar a nosa preocupación, o, mais ben deberíamos dicir alarma, ante uns feitos que consideramos gravisimos, e que poden destrozar, para sempre, moitas vidas de xeito irreversible, a vez que pregamos se tome algunha medida ao respecto.

O pasado 27 Mércores, 27 de Xaneiro, con motivo, por mor do “Decreto Omnibus” da desaparición do escudo social que, entre outras medidas, contemplaba a suspensión dos desafiuzaméntos e do corte das subministracións básicas para persoas e familias vulnerables ata o 31 de Decembro do presente ano, 2025, desde a nosa asociación , emitimos un comunicado no cal dábamos conta das tráxicas consecuencias que isto implicaría para os mencionados colectivos, entre eles, obviamente, moitas vítimas de violencia de xénero, algunhas das cales chegaron a considerar a posibilidade de volver cos seus maltratadores para non privar aos seus fillos dun teito baixo o que vivir e dunha vida digna, malia que fora a costa de poñer en risco as súas vidas.

Foron días de verdadeira angustia, de noites sen durmir, nos que debemos confesar que nos sentimos totalmente impotentes e desesperados.

O nova posta en vigor deste escudo social, se ben non é, obviamente, unha solución definitiva, si implica un respiro, vital para todos eles, que loitan desesperadamente por saír adiante, pero,lamentablemente, estamos a ver como isto trouxo unha consecuencia que vai a marcar e estigmatizar moitas vidas para sempre, por moito que as súas circunstancias cheguen a mudar positivamente.

Estamos a referirnos a equiparación que, desde diversos eidos, algúns mesmo institucionais, e desde numerosos medios de comunicación, se está a facer da vulnerabilidade con actuacións ilegais, como son a okupación ou a tan nomeada últimamente “inquiokupación” exercida por algunhas persoas deliberadamente, e non por necesidade.

Nada teñen que ver ambos conceptos, nin as distintas situacións.

Calquera persoa ou familia, cunha vida do mais normal, que, malia ter, ao mellor, dificultades para chegar a fin de mes, pagaban puntualmente o aluguer das súas vivendas habituais, ou os prazos da hipoteca,se pode atopar, da noite para a mañá, en situación de vulnerabilidade, sobrevida por circunstancias, por desgraza, tan frecuentes como a perda do emprego, unha enfermidade, unha situación de violencia de xénero, etc, etc, e isto non as converte, obviamente, en delincuentes.

Nada teñen que ver as súas mais que desgraciadas circunstancias coas daqueles que invaden as propiedades alleas, ou son auténticos morosos profesionais, e, por desgraza, se lles está a tratar de idéntico xeito.

É un atentado contra a súa dignidade, unha auténtica aldraxe, que fai que se sintan aínda mais miserables, porque así é como se senten as persoas que chegan a esta situación, miserables e avergoñadas, ante este maltrato do que están a ser obxecto, porque diso se trata, dun auténtico maltrato.

E non estamos a falar tan so das actuais consecuencias, se non tamén das futuras das vidas destas persoas, xa que, por moito que as súas circunstancias muden, nun futuro, de xeito positivo, o estigma que se lles está a impoñer, vai imposibilitar que refagan as súas vidas, provocando que lles resulte imposible acceder a necesidades tan básicas como alugar unha vivenda, dar de alta os contratos para as subministracións de luz, gas e auga, ou abrir unha conta bancaria.

Se lles están pechando todas as portas, non soamente agora, se non de cara ao futuro.

Dito doutro xeito, as súas vidas quedan destrozadas para sempre, por mor do que non se pode chamar mais que crueldade e oportunismo.

Tampouco, e lamentamos ter que dicilo, as diferentes Administracións serven de gran apoio, xa que a hora de optar a calquera tipo de axuda, o penoso “vía crucis” burocrático ao que deben enfrontarse, nunhas condicións emocionais e mesmo físicas mais que precarias, a falta de recursos para tramitalas, as demoras na resolución, que en non poucas ocasións é negativa, así como moitas circunstancias que se lles presentan cando acoden a solicitar axuda aos servizos sociais, que son algo mais que cuestionables, fan que unha gran maioría desistan en pleno proceso de continuar adiante, o cal é entendible, pero ese é outro tema sobre o que falaremos noutro momento, xa que entendemos que precisa dunha atención especial.

Por todo isto, de novo pregamos a súa axuda, e que se dea unha chamada de atención ante o trato totalmente vexatorio e inxusto que se lles está a dar a aqueles que nada fixeron para merecelo, e que abondo están a facer tentando sobrevivir cada día.

Agradecemos de corazón a súa atención e confiamos en que a nosa petición sexa tida en conta.

Asociación Si, hai saída.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com