Rutas de sendeirismo para redescubrir Lugo

A área de Xuventude do Concello de Lugo está a traballar para dar luz verde a unha nova edición do programa de rutas de sendeirismo polo municipio de Lugo e polo resto de Galicia, nunha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos de idade. 

O Concello aprobará a licitación da programación anual de dez rutas de sendeirismo, catro delas a desenvolver polo municipio de Lugo e as seis restantes, pola comunidade autónoma. Serán de dificultade media-baixa e con percorridos de entre 13 e 25 quilómetros. O obxectivo, ademais de promover o exercicio físico ao aire libre e as actividades en grupo entre a mocidade, é divulgar e poñer en valor o rico patrimonio galego e lucense, de aí que no municipio de Lugo os espacios da Reserva da Biosfera Terras do Miño sexan auténticos protagonistas. Ademais, haberá rutas temáticas dirixidas a divulgar coñecementos do campo da micoloxía, da supervivencia o da flora e fauna autóctonas.

Ao igual que en edicións anteriores, a programación das rutas se adaptará ás estacións do ano, para así visitar Os Ancares en outono, no percorrido que culmina no pico Tres Bispos, en Cervantes; percorrer parte da ruta dos Faros, na Costa da Morte, na primavera; ou o camiño natural da costa cantábrica máis preto do verán, por citar algúns exemplos.

En cada un dos dez itinerarios deste ano poderán participar hasta 26 persoas, que estarán acompañados dun guía especializado durante todo o percorrido. As actividades se desenvolverán preferentemente os sábados, en horario de 8.30 da mañá a 18.30 da tarde, sempre con saída desde a Casa da Xuventude, ben a pé ou en autobús, dependendo do itinerario a realizar.

A inscrición poderase realizar proximamente na páxina web de Xuventude https://formulario.xuventudelugo.gal, onde tamén se publicará a programación deste ano, que ademais se difundirá a través de folletos.

Fotografía: rutas Xuventude Concello.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com