O Concello obtén a cesión temporal dos terreos anexos ao Campo de Fútbol das Gándaras

O Concello de Lugo acadou a cesión temporal dos terreos anexos ao Campo de Fútbol das Gándaras, propiedade do Ministerio de Defensa, despois dun proceso de negociación e xestións iniciadas hai meses. A obtención destes espazos permitirá mellorar a accesibilidade á instalación deportiva e dar resposta a unha demanda recorrente da comunidade deportiva que fai uso do campo.

Desde o pasado mes de marzo, o Concello levou a cabo diversas xestións para determinar a titularidade dos terreos, tras constatar o seu uso habitual como zona de aparcamento do campo de fútbol. O Goberno local contactou coa Subdelegación do Goberno en Lugo, coa Subdelegación de Defensa e co Ministerio de Defensa, solicitando formalmente a cesión dos terreos para uso deportivo e de aparcamento.

Finalmente, o Ministerio de Defensa autorizou a cesión temporal destes espazos, establecendo que a cesión está condicionada á resolución dun proceso de depuración xurídica sobre os terreos, polo que a súa duración poderá verse afectada por este procedemento. Ademais, non se poderá realizar ningunha actividade con fins lucrativos nos terreos, e o Concello comprométese á súa adecuación, mellora e mantemento durante o tempo que dure a cesión. Unha vez finalizado o uso, os terreos deben quedar na mesma situación de limpeza e conservación, e o acceso a eles debe ser coordinado co persoal do Área de Patrimonio da Subdelegación de Defensa en A Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com