Xornadas de prevención e abordaxe da conducta suicida en Lugo e Chantada

A asociación Stop Suicidio Galicia organiza as Xornadas de Prevención do Suicidio, que inclúen a proxección do documental “El Estigma del Silencio”, dirixido por Sergio Hernández e narrado por Camilo García e María Rozalén. Esta obra busca visibilizar a realidade do suicidio en toda as idades, combater o estigma asociado e fomentar o diálogo sobre a saúde mental. Con 9 candidaturas aos Premios Goya 2025, o documental exhibirase en diversas cidades galegas como parte dunha campaña de sensibilización e prevención.

A problemática do suicidio en Galicia segue sendo alarmante. Segundo datos do INE, en 2023 a taxa de suicidio en España situouse en 8,47 casos por cada 100.000 habitantes. En Galicia, esta cifra ascendeu a 11,46 casos por cada 100.000 habitantes, o que equivale a unha vida perdida por día. Estes datos evidencian a urxente necesidade de reforzar os recursos de prevención, intervención e apoio á saúde mental.

O documental “El estigma del silencio” proxectaráse o venres 7 de febreiro, 19:00h, Centro Social de Fingoi (entrada benéfica 5€) e en Chantada o domingo 9 de febreiro, 18:00h, no Auditorio Municipal (entrada gratuíta ata completar aforo).

Tras cada proxección, desenvolverase un coloquio co director, especialistas en saúde mental e suicidio, así coma testemuñas en primeira persoa como Rafa Martínez (pai sobrevivente) e Cristina Gómez (escritora e supervivente).

O evento conta co apoio total dos Concellos de Cambados e Chantada e coa cesión do espazo por parte del Concello de Lugo.

Foto:Pixabay.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com