O novo sistema de control de tráfico nos polígonos de O Ceao e As Gándaras comezará a funcionar de xeito inminente, unha vez que os axentes da Policía Local finalicen a súa formación. “
O dispositivo estará formado por seis cámaras situadas en puntos estratéxicos: na avenida de Benigno Rivera, na súa confluencia con Infanta Elena, nas inmediacións da rúa Agricultura e na rúa das Comunicacións, preto da rúa dos Carros. Estas localizacións permitirán cubrir amplamente o tránsito de vehículos entre ambos polígonos e os seus enlaces coas vías de comunicación principais.
Este novo sistema de control de tráfico destaca pola súa maior versatilidade fronte ás cámaras convencionais, xa que interconecta a aplicación de control de tráfico da Policía Local coa súa plataforma de xestión integral de seguridade.
Ademais, as cámaras están equipadas cun sistema de alarma antisabotaxe conectado cunha central receptora, garantindo unha resposta inmediata ante calquera incidencia. Toda a información recollida será accesible en tempo real polos axentes da Policía Local, mellorando a súa capacidade de reacción ante posibles situacións de emerxencia ou alteracións na circulación.