O TSXG ratifica a condena de dous anos e medio de cárcere imposta a un home por estafar na compravenda de coches

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo na que condenou a un home a dous anos e medio de cárcere por cometer un delito de estafa, así como ao pagamento de máis de 200.000 euros en concepto de responsabilidade civil.

Segundo os feitos probados da resolución, o acusado convencía a persoas con solvencia para comprar e financiar ao seu nome coches de distintos concesionarios das provincias da Coruña e Lugo, facéndolles crer que lles abonaría o prezo dos vehículos, pero só lles entregaba en efectivo a contía da entrada e as primeiras cotas dos préstamos.

Unha vez adquiridos os vehículos, vendíaos ao estranxeiro para lucrarse con esas operacións, provocando “o prexuízo das entidades financeiras cuxos créditos resultaron parcial ou totalmente impagados”. A sentenza non é firme, pois cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com