Os cines Codex estrean este venres os filmes “Memorias dun corpo que arde” e “Limónov”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes: “MEMORIAS DUN CORPO QUE ARDE” e “LIMÓNOV

“MEMORIAS DUN CORPO QUE ARDE”, Unha obra que resalta o empoderamento da muller, onde todas parecen moi seguras de si mesmas; mulleres que calaron por anos e que agora teñen a oportunidade de expoñer  as súas verdades. O filme é unha mestura de documental e ficción.

Sinopse:  Educadas nunha época de represión na cal a sexualidade era un tabú, Ana, Patricia e Mayela foron moldeando as súa identidade feminina a través de regras tácitas e imposicións implícitas. Agora, aos seus sesenta e oito, sesenta e nove e setenta e un anos, comparten recordos, segredos e desexos que se entrelazan nunha narrativa íntima e poética transmitida por unha muller da súa xeración que revisita unha vida calidoscópica chea de vulnerabilidade e tamén de fortalezas.

A outra estrea da semana é a película “LIMÓNOV” . Dirixida por Krill Serebrennikov onde fai un retrato do poeta, político ou disidente e onde nos mostra as moitas extravagancias da personaxe.

Sinopse:  baseado na obra homónima de Emmanuel Carrère, o filme narra a escandalosa historia de Eduard Limónov, o poeta radical que se converteu nun vagabundo en Nova York, unha sensación en Francia e un antiheroe político en Rusia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com