Avances de cara á apertura da residencia de maiores de Becerreá

No Pleno celebrado este martes na Deputación de Lugo acordouse, cos votos a favor do PSdeG, BNG, e a abstención do Partido Popular a aprobación inicial da memoria que recolle os aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros do proxecto, ademais da ordenanza de acceso ao servizo de atención residencial e diúrna e os regulamentos internos do Centro de Atención a Maiores de Becerreá.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que “este avance é froito dun intenso traballo da Comisión de Estudo da Deputación, que elaborou un informe de preto de 300 páxinas detallando o modelo de xestión que garantirá a viabilidade e a calidade do servizo”. Para o Deputado, “a abstención do PP é un exemplo do nulo compromiso do PP coas residencias é unha falta clara de coherencia porque apoiaron a creación da Comisión de Estudo”.

Pola súa banda o voceiro popular, Antonio Ameijide, preguntou “por que o prezo para os usuarios desta residencia será un 60% máis caro que o resto da rede da Deputación, xa que que os usuarios das residencias de Navia ou Pedrafita un veciño dependente na rede de CAMs da Deputación actualmente paga 1.390€/mes mentres que en Becerreá, segundo a proposta que PSOE e BNG trouxeron a pleno, pagará 2.200€/mes polo mesmo servizo”.

Asemade dende o Grupo Provincial Popular denuncian que nin PSOE nin BNG poñen data á licitación da residencia “unha licitación que, segundo a memoria presentada, se dará a unha empresa privada baixo un sistema de xestión privada con canon 0 pero que prevé beneficios anuais netos para a empresa entre 220.000 e 357.000 euros e un volume total de negocio de 77.829.639,16€”, sinalan.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com